A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

PRAZAS E DESTINOS:

-120 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Pontevedra), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense

-120 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense)  para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.

DATAS: Este programa levarase a cabo entre o 23 de decembro de 2017 e o 7 de xaneiro de 2018.

PERSOAS BENEFICIARIAS: Para beneficiarse do programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

-Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes

-Estar empadroado/a nalgún dos concellos galegos e vivir no seu domicilio

-Ter que pasar só/a as datas do Nadal

-Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 17 de novembro incluído.

PREZO DA PRAZA: As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (537,84 €/mes), asistirán de forma gratuíta o programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores ao dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50 €.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.