DOUS MESES DESPOIS DA GALA DE TOQUES, REPRESENTARON CATRO BAILES NOVOS.
Foron dous meses de moito traballo pero valeu a pena. Semana tras semana as nenas e nenos acudiron os martes a ensaiar as coregrafías con acompañemento musical para prepararse para o día da exhibición, incluso houbo un ensaio en Semana Santa cando as actividade municipais cesan.
Así foron pasando os días, e o pasado Sábado en Curtis, tras a boa preparación e aínda que percibíanse nervos, os bailes quedaron perfectamente representados, xerando aplausos e ledicia entre a xente que observaba desde as gradas. Os bailes foron dinámicos, creativos, alegres e con moita coordinación entre os compoñentes de cada un dos catro grupos.
As patinadoras e patinadores toquenses quedaron moi contentos da súa actuación e máis ainda cando lles entregaron o premio e a medalla de recordo que seguramente permanecerá colgada na habitación como homenaxe do día.
Non será a derradeira medalla, xa que volverán a participar en máis eventos deportivos deste tipo.
Agradecer ás diferentes institucións administrativas, Concello, Deputación da Coruña e Secretería Xeral para o Deporte por axudar no fomento do deporte base, facilitando o vestuario, transporte e demáis para o agrado de toda a comunidade de patinaxe toquense, nen@s, pais e nais e monitores e técnicos.



