A I FEIRA DE EXALTACIÓN DOS PRODUTOS TÍPICOS DA ZONA RESULTOU SER UN ÉXITO GASTRONÓMICO

O pasado sete de novembro, tivo lugar nas inmediacións do Edificio Multiusos de Souto, este evento cultural e gastronómico de promoción dos productos autóctonos. Desde primeira hora da tarde os visitantes dedicáronse a contemplar os diversos produtos e obxetos que se distribuiron no interior da carpa instalada: os produtos da horta, os froitos das árbores da época do ano, os cestos, as setas e os productos silvestres, os doces e o mel; que veciños de forma particular e empresas de maneira altruista, ofreceron e instalaron para a ledicia da xente. Ademáis, tamén se adicou unha mesa de promoción dos roteiros de sendeirismo homologados e con información precisa sobre as derradeiras actuacións de mellora da Capela de San Antoiño.

Os máis cativos disfrutaron co grupo de animación, fixeron un disfraz de castaña, xogaron, bailaron e non houbo tempo case nin para sentarse.

Tamén, o público asistente puido observar detidamente a exposición das fotos participantes no Concurso Fotográfico.

A feira viuse acompañada polo Magosto Polular que tódolos anos ten lugar en Toques. Foi a media tarde cando comezou a merenda en base aos propios produtos da feira, co cal, ademáis de castañas asadas púidose degustar queixo, doces, chourizos, empanada, noces… así ata que coa posta do sol deuse por rematada esta tarde de lecer.