«A Xanela do Maxín» presenta a obra: A Gárgola do Mestre Mateo»

O domingo 27 de xuño terá lugar no Aula da Natureza de Toques a representación teatral «A Gárgola do Mestre Mateo» a cargo da agrupación «A Xanela do Maxín».

A entrada será de balde e en función da metereoloxía a función será interior ou exterior.

O cartel promocional foi seleccionado  tras un concurso no que participaron  os nenos e nenas do CEIP de Toques.

Tamén haberá lugar para a música tradicional e folclore a cargo de «O Balado»

Descarga o cartel pinchando no enlace:  A Xanela do Maxín