Aberto o prazo de solicitude para aluguer do Bar da piscina para a temparada de verán.

“PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS
PARTICULARES PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
ADMINISTRATIVO ESPECIAL DE CESIÓN TEMPORAL DE CAFÉ-BAR NA
PISCINA MUNICIPAL DE TOQUES.

1ª. OBXECTO
O presente prego ten por obxecto a contratación da autorización de uso temporal
das instalacións de café-bar na Piscina municipal. (Concello de Toques).
O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo especial, tal e
como establece o art. 25.1.b) da nova Lei 9/2017, de 9 de novembro, de contratos do
Sector Público, así como autorización de uso do dominio público municipal segundo o
establecido no art. 92 da Lei 33/2003, do 3 de novembro, de Patrimonio das
Administracións Públicas.
2ª. NATUREZA DO CONTRATO E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.
Contrato administrativo innominado encadrable como contrato administrativo
especial, a tenor do previsto no art. 25.1.b) da nova Lei 9/2017, de 9 de novembro, de
contratos do Sector Público, correspondente tamén a unha cesión temporal do uso
demanial.
A adxudicación do contrato farase mediante o procedemento do contrato menor,
con suxeición ao presente prego de cláusulas administrativas e técnicas particulares, e
disposicións vixentes naqueles preceptos que sexan de aplicación.
O contrato, pola súa contía e duración, é un contrato menor, polo que se
adxudicará a aquel que, logo de cumprir coa normativa contractual en canto á
capacidade para contratar coa Administración, presente unha oferta máis vantaxosa a
xuízo do órgano adxudicatario, que é a Alcaldía.
Para iso publicitarase mediante a colocación de bandos a intención de adxudicar
este contrato para que os interesados poidan presentar ofertas no Concello, durante o
período comprendido entre o 28 de maio e o 8 de xuño de 2017, ambos incluídos
( prazo de 10 días hábiles ).
A adxudicación requirirá que previamente se presente a documentación á que se
alude na cláusula 7 do presente prego.
3ª. CANON
A contraprestación pecuniaria que deberá satisfacer o adxudicatario fíxase en
80,00 € ( oitenta euros) mensuais e poderá ser mellorada á alza polos licitadores nas
súas proposicións. Os gastos de subministro de enerxía eléctrica, recollida de lixo e
subministro de auga enténdese que están incluídos no canon, sendo a cargo do concello.

Considérase que este canon de autorización está exento de IVE, segundo a
normativa reguladora do imposto.
4ª. CONDICIÓNS DE PRESTACIÓN
A prestación do servizo de café-bar na piscina municipal axustarase ás seguintes
condicións.
a) Condicións xerais.
 O horario de apertura e peche cubrirá, tendo presente o carácter recreativo da
piscina, polo menos o horario de 12:00 a 21:00 horas.
 O adxudicatario recibirá o edificio e as súas instalacións tal e como se atopan na
actualidade e deberá mantelo en perfecto estado de conservación durante o
período de adxudicación e ata a súa finalización.
 A prestación do servizo de bar- cafetería, ademais de utilizar as instalacións
conforme ao seu destino hostaleiro, suporá a limpeza e mantemento do propio
local.
 Non poderán realizarse obras nas ditas instalacións sen a preceptiva licenza
municipal.
 O adxudicatario ten o deber de custodiar e coidar o material e as instalacións de
titularidade do Concello.
 O adxudicatario ten o deber de controlar o acceso á piscina municipal, previa
presentación do correspondente abono ou entrada. O incumprimento desta
obriga suporá a resolución do contrato de concesión de maneira automática.
b) Condicións hixiénico-sanitarias.
O concesionario, na prestación do servizo de café-bar situado na piscina
municipal deberá cumprir coa normativa estatal e autonómica en materia de sanidade
alimentaria e, en particular:
-Real Decreto 3484/2000, de 29 de decembro, polo que se establecen as normas de
hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11
de 12 de xaneiro de 2001).
-Decreto 290/2003, do 4 de xuño, polo que se fixan as normas relativas á formación de
manipuladores de alimentos, o procedemento de autorización de empresas e entidades
de formación e se crea o rexistro das mesmas (DOG Nº 123 de 26 de xuño de 2003).
-Regulamento (UE) núm. 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de
abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO-L 139, de 30/04/2004,
con corrección de erros no DOUE nº 226 de 25/06/2004).

– Real Decreto 640/2006, de 26 de maio, polo que se regulan determinadas condicións
de aplicación das disposicións comunitarias en materia de hixiene, da produción e
comercialización dos produtos alimenticios (BOE nº 126 de 27 de maio de 2006).
– Real Decreto 109/2010, de 5 de febreiro, polo que se modifican diversos reais decretos
en materia sanitaria para a súa adaptación á Lei 17/2009, de 23 de novembro sobre o
libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio e á Lei 25/2009, de 22 de
decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre
acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio (BOE nº 44 de 19 de febreiro de
2010).
De igual maneira, cumprirá coas normas sobre prohibición de subministro de
bebidas alcohólicas e tabaco a menores de idade.
Poderán ser servidos refrescos e bebidas e ,ademais, bocadillos, tapas e racións,
repostería e confeitería e menús variados.
As persoas ao coidado e atención do servizo estarán obrigatoriamente en
posesión do carné de manipulador de alimentos vixente ou do certificado de formación
en hixiene de alimentos e observarán a máxima pulcritude no seu aseo persoal;
empregarán no seu traballo un vestiario en correcto estado de limpeza.
Todos os produtos alimenticios serán depositados en baldas de forma que se
impida o seu contacto co chan. Estas baldas serán de material distinto á madeira, con
superficies lisas e de fácil limpeza.
Os produtos sen envasar (bocadillos, tapas, etc.) expostos ao público estarán
protexidos en vitrinas, en refrixeración, se así o precisan, e protexidos da luz do sol.
As mesas e as superficies de traballo serán lisas e de fácil limpeza.
As instalacións deberán manterse nas debidas condicións de limpeza,
desinfectarse e desratizarse periodicamente.
Os produtos de limpeza, desinfección e desratización gardaranse separados do
almacén de alimentos.
Os utensilios, louza e cubertos que se usen e que non sexan desbotables serán
hixienizados por métodos mecánicos provistos de sistemas que aseguren a súa correcta
limpeza e desinfección (art. 3.6 do RD 3484/2000).
Dispoñerán dos equipos e instalacións de conservación de temperatura regulada
coa capacidade suficiente para os alimentos que así o requiran. Estes equipos contarán
con sistemas de control colocados en lugares facilmente visibles (termómetros).
O interior das cámaras frigoríficas manterase sempre en perfecto estado de
limpeza e non presentará deterioro. Os alimentos almacenaranse ordenadamente e
protexidos para evitar o contacto entre eles e máis a transmisión de olores.
Quedará prohibida a tenencia de animais. O permiso para a entrada de animais
levados polos clientes é potestativa do titular do negocio de hostalería, sempre que
permanezan na instalación os usuarios e non accedan ás áreas de manipulación de
alimentos.

Todos os útiles de servizo e traballo como mesas, recipientes, máquinas, coitelos
e similares lavaranse con lixivia ou con outro desinfectante despois de cada xornada de
traballo e sempre que sexa preciso.
A instalación deberá contar cun lavamáns provisto de auga fría e quente e con
dotación hixiénica con papel e xabón para lavar as mans.
Os servizos hixiénicos contarán con papel hixiénico, xabón, toallas dun só uso
ou secadores de mans automáticos. En todo momento estarán en perfecto estado de
limpeza.
c) O Concello adscribe ao cumprimento do contrato o material que se atopa
actualmente no establecemento para o cal, antes da apertura, persoal do Concello deberá
facer un inventario que será remitido ás dependencias municipais e ao adxudicatario,
previa sinatura das 2 partes.
A custodia, a conservación e o mantemento do citado material correspóndelle ao
adxudicatario.
Ao rematar o prazo de vixencia deberá entregarllo ao Concello en perfectas
condicións.
En caso contrario, o Concello esixirá o abono do seu importe ou a súa restitución
por bens equivalentes.
O adxudicatario colaborará co persoal municipal con destino na piscina
municipal (socorrista, etc.), así como cos corporativos competentes, para a vixilancia e
correcto uso e utilización pública do recinto municipal; dará conta ao concello das
posibles deficiencias acontecidas durante a vixencia do contrato, coa maior inmediatez
posible.
5ª. PRAZO
A prestación do servizo abranguerá dende a data de apertura, prevista para o 22
de xuño de 2018, ata o 16 de setembro de 2018 ( 2 meses e 24 días ). A adxudicación
actual non xenera ningún dereito ou preferencia para sucesivas contratacións en anos
vindeiros.
6ª. CAPACIDADE PARA CONTRATAR
Poderán concorrer por si mesmas ou por medio de representantes as persoas
naturais ou xurídicas, españolas o estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar,
non estean comprendidas nalgunha das circunstancias que enumera o artigo 71 da nova
Lei 9/2017, de 9 de novembro, de Contratos do Sector Público que regula as
prohibicións de contratar. Terá así mesmo a habilitación profesional necesaria para
realizar a prestación.

7ª. DOCUMENTACIÓN ESIXIDA PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
Será requisito previo e imprescindible para a adxudicación do contrato que se
presente a seguinte DOCUMENTACIÓN:
A) Documento acreditativo da personalidade xurídica do empresario:
A-1) Empresario individual: fotocopia do DNI, pasaporte ou documento que o substitúa.
A-2) Persoas xurídicas: escritura de constitución ou modificación de ser o caso, rexistro
mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle
sexa aplicable.
Se non o fose: escritura ou documento de constitución, de modificación, estatutos ou
acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade,
inscrito, de ser o caso, no correspondente rexistro oficial.
-Fotocopia da tarxeta do código de identificación fiscal (CIF), debidamente cotexada.
A-3) Empresas estranxeiras de estados membros da Unión Europea:
– Se a lexislación interna do seu Estado esixe a inscrición nun rexistro
profesional, será suficiente acreditar esa inscrición.
– Se o seu Estado non ten establecido ese requisito, a capacidade de obrar
acreditarase mediante un certificado expedido pola embaixada de España no
Estado correspondente.
– Ademais, en ambos os casos, declaración asinada de sometemento expreso á
xurisdición dos Xulgados e Tribunais españois de calquera orde para as
incidencias que de forma directa ou indirecta puidesen xurdir do contrato, con
renuncia ao foro xurisdicional estranxeiro do licitante.
A-4) Empresas estranxeiras de estados que non sexan membros da Unión Europea:
– Certificado acreditativo da súa capacidade de obrar expedido pola embaixada
de España no Estado correspondente no que se acredite que figuran no Rexistro
local profesional, comercial ou análogo ou, na súa falta, que actúan con
habitualidade no tráfico local no ámbito de actividades que constitúen o obxecto
do contrato.
– Ademais, informe da respectiva representación diplomática española de que
o Estado de procedencia da empresa estranxeira admite, á súa vez, a
participación de empresas españolas na contratación coa Administración, en
forma substancialmente análoga. Están exceptuadas de presentar este informe as
empresas dos Estados signatarios do Acordo sobre Contratación Pública da
Organización Mundial do Comercio; en caso de concorrer esta causa de
excepción, presentarase declaración responsable para o efecto, debidamente
asinada.

E, en todo caso, declaración asinada de sometemento expreso á xurisdición
dos Xulgados e Tribunais Españois de calquera orde para as incidencias que de
forma directa ou indirecta puidesen xurdir do contrato, con renuncia ao foro
xurisdicional estranxeiro do licitante.
B) Poderes:
Cando o licitador non actúe en nome propio ou se trate de sociedade ou persoa
xurídica, deberá acompañarse un poder notarial para representar á persoa ou entidade en
cuxo nome concorre ante a Administración contratante.
O poder deberá figurar inscrito previamente no Rexistro Mercantil nos casos en
que a dita inscrición sexa esixida polo Regulamento do Rexistro Mercantil.
C) Validación de poderes:
Os poderes aos que se refire o apartado c) da presente cláusula, deberán
validarse previamente polo Secretario da Corporación ou por un funcionario habilitado.
D) Prohibicións para contratar ou incompatibilidades:
Declaración responsable de que a empresa interesada non está incursa en
ningunha das prohibicións para contratar ou de que non presenta incompatibilidades
establecidas nos artigos 70 e 71 da lei 9/2017, de 9 de novembro, de Contratos do
Sector Público axustado ao seguinte modelo:
“D./Dna. _________________________________________, con DNI
______________
e domicilio en _________________, provincia de _________________,
rúa ____________________ núm. ____, en nome propio ou en representación da
empresa ________________________________________, á que representa no
procedemento de adxudicación do contrato de autorización de uso temporal das
instalacións de café-bar da Piscina Municipal (Concello de Toques), declara
que nin a empresa nin os seus administradores ou órganos de dirección están incursos
en prohibicións de contratar coa Administración establecidas nos artigos 70 e 71 da
Lei 9/2017 de contratos do Sector Público.
Declaro dispoñer da habilitación profesional necesaria para realizar a prestación dun
servizo de hostalería e a manipulación e comercio de alimentos.
Así mesmo declara que está ao corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa
Seguridade Social.

(Lugar, data e sinatura do propoñente)”
E) Unións temporais de empresas.
Indicación dos nomes e circunstancias das empresas que a constitúen,
participación de cada unha delas e compromiso de se constituír formalmente en UTE no
caso de resultar adxudicatarias, de conformidade co artigo 69 da Lei 9/2017 de contratos
do Sector Público.
F) Declaración de empresas vinculadas.
No suposto de que a empresa concorra á licitación con empresas pertencentes a
un mesmo grupo, nos termos aos que se refire os arts. 70 e 140 da lei 9/2017 de
Contratos do Sector Público, presentarase necesariamente unha declaración na que se
indicará esta circunstancia e o nome ou a denominación social destas; deberá constar
este documento en cada unha das ofertas formuladas por todas as empresas vinculadas
que concorran á licitación.
8ª. GARANTÍAS CONTRACTUAIS
Consonte ao disposto no art. 106 da lei 9/2017 de Contratos do Sector Público os
licitadores quedan dispensados da constitución da garantía provisional.
Non se esixe a constitución de garantía definitiva por importe do 5% do prezo
mínimo do contrato de cesión segundo o establecido no artigo 107.4 da lei 9/2017 de
contratos do Sector Público xa que se considera que se trata dun contrato de concesión
de servicios de escasa cuantía ( 240,00 euros ) e de duración mínima ( 2 meses e 24 días
).
9ª. ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
O contrato será adxudicado polo Sr. Alcalde en favor daquela empresa ou
autónomo que, sendo admitida á licitación, oferte o canon máis alto.
10ª. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.
A formalización do contrato deberá efectuarse non máis tarde dos 3 días hábiles
seguintes a aquel en que se reciba a notificación da adxudicación aos licitadores, na data
que sinale a Administración.
11ª. GASTOS DE TRIBUTOS.
Deberá aboar os tributos que pesen sobre o contrato ou, de ser o caso, sobre o
obxecto do contrato.

12ª. PRAZO DE INICIO
Inicialmente prevista para o 22 de xuño de 2018; se non fose posible o inicio
nesta data daráselle coñecemento ao adxudicatario da nova data de inicio.
A mora do adxudicatario para iniciar a prestación do servizo non requirirá a
previa intimación pola Administración.
13ª. ABONO DO CANON.
O primeiro dos pagamentos mensuais ( o que corresponde co mes de xuño )
deberá efectuarse antes da formalización do contrato.
As restantes mensualidades, antes do día 5 de cada mes. Para estes efectos, debe
presentar dentro dos ditos prazos a xustificación do ingreso na conta aberta en
CAIXABANK a nome do Concello, que se indicará.
Cando o mensualidade contractual non coincida co mes natural, o cálculo do
canon a pagar realizarase do seguinte xeito: canon de adxudicación/ 30 díasX número
de días de servizo efectivo; (exemplo: canon de 100 € no mes de setembro =
100/30X16= 53,33 €).
14ª. CALIDADE DOS SERVIZOS E DIRECCIÓN TÉCNICA.
O adxudicatario deberá realizar as prestacións do presente contrato nas
condicións máis óptimas de calidade e utilizará os medios persoais e materiais e os
produtos máis adecuados para garantir a súa óptima execución.
O Concello poderá verificar en calquera momento a correcta execución do
contrato e poderá solicitar a documentación que considere oportuna e facer as
inspeccións que considere necesarias.
15ª. CUMPRIMENTO DA NORMATIVA LABORAL, DE SEGURIDADE
SOCIAL E FISCAL
O contratista obrígase ao cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade,
das disposicións vixentes en materia de dereito do traballo, seguridade social,
protección á industria, seguridade e hixiene no traballo,prevención de riscos laborais e
calquera outras de xeral observancia.
Especialmente, o contratista obrígase ao cumprimento da normativa ditada polo
Estado ou a Comunidade Autónoma reguladora da actividade obxecto do presente
contrato, quedando obrigado fronte ao Concello se este fora ser sancionado por
incumprimento da citada normativa.
O contratista deberá cumprir coas disposicións aplicables en materia de
actividades recreativas e establecementos públicos.

Faise constar que o presente contrato non se atopa gravado por ningún plantel de
persoal, sendo, polo tanto, a cargo do adxudicatario todas aquelas obrigacións derivadas
da contratación do persoal que empregue na explotación, xa sexan estas de Seguridade
Social ou calquera outro carácter.
O contratista deberá cumprir coas disposicións aplicables en materia de fiscalidade.
16. MODIFICACIÓN E SUSPENSIÓN
O réxime de modificación do presente contrato rexerase segundo o disposto nos
arts. 203-207 da lei 9/2017 de contratos do Sector Público, de modo que o presente
contrato só poderá ser modificado por razóns de interese público nos casos e na forma
prevista nos mencionados artigos.
Nestes casos, as modificacións acordadas polo órgano de contratación serán
obrigatorias para os contratistas. As modificacións do contrato deberán formalizarse
conforme ao disposto no artigo 204 da lei 9/2017 de contratos do Sector Público.
A suspensión do presente contrato rexerase segundo as previsións do artigo 208
da lei 9/2017 de contratos do Sector Público.
17ª. PRAZO DE GARANTÍA
O prazo de garantía do contrato será dun mes. Se durante o dito prazo se
acreditase a existencia de vicios ou defectos nos servizos prestados, a Administración
terá dereito a reclamar do contratista a emenda ou a rectificación que corresponda.
Se remata o prazo de garantía sen que a Administración teña formulado algún
dos reparos ou a denuncia á que se refire o art. 305 da lei 9/2017 de contratos do Sector
Público, o contratista quedará exento de responsabilidade por razón da prestación
efectuada, procedendo a tramitarse a devolución de oficio da garantía no prazo máximo
de outro mes.
18ª. CAUSAS DE RESOLUCIÓN
Serán as previstas no artigo 211 da lei 9/2017 de contratos do Sector Público, cos
efectos previstos nos artigos 212, 213.
Ademais, serán causas específicas de resolución:
1) Trato incorrecto ao público.
2) Deficiente estado de conservación ou mantemento das instalacións e dependencias no
que se refire ás condicións hixiénico-sanitarias da propia cafetería.
3) Deficiente calidade dos produtos e das súas condicións hixiénico -sanitarias.
4) Incumprimento dos horarios.

5) Prezos abusivos.
6) Incumprimento do réxime xeral de acceso á piscina.
19ª. PRERROGATIVAS DA ADMINISTRACIÓN
O Concello manterá as potestades de policía que lle son inherentes, e ostentará
en todo momento a competencia que ten atribuída, o que xustifica o control da
explotación e a inspección do servizo en calquera momento, e conservará os poderes de
policía necesarios para asegurar a boa marcha do servizo, o cal poderá ser modificado
ou suspendido por razóns de interese público.
En particular, o Concello ostenta as seguintes potestades:
1º) Fiscalizar a través do alcalde, da concelleira delegada competente ou de persoal
habilitado para iso, o exercicio da actividade autorizada. Para ese efecto poderá
inspeccionar o local, o servizo, as instalacións e ditar as ordes necesarias para mellorar
ou restablecer a debida prestación e desenvolvemento do servizo.
2º) Asumir temporalmente a execución directa do servizo nos casos en que non se
prestase ou non se puidese prestar adecuadamente polo adxudicatario, por
circunstancias imputables ou non ao mesmo.
3º) Impor ao adxudicatario as correccións pertinentes por razón das infraccións que
cometese.
4º) A intervir o servizo, e esixir ao contratista a indemnización dos danos e prexuízos
causados, se mediase unha perturbación grave, non reparable por outros medios, cando
a administración non optase pola resolución do contrato, e ata que dita causa
desapareza.
5º) A rescatar o servizo ou suprimilo por razóns de interese público.
6º) O Concello conservará os poderes de policía necesarios para asegurar a boa marcha
do servizo, podendo dar as ordes oportunas a tales efectos.
7º) Así mesmo, de conformidade co disposto no art. 261 da lei 9/2017 de contratos do
Sector Público, o Concello ostenta as prerrogativas de interpretar o contrato adxudicado
en virtude deste prego, resolver as dúbidas derivadas do seu cumprimento, modificalo
por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os efectos desta.
20ª. RÉXIME XURÍDICO
O presente contrato ten carácter administrativo especial e ambas as partes
quedan sometidas expresamente á lexislación de contratos do sector público, de
patrimonio das administracións públicas e normas complementarias e, de ser o caso, da
Comunidade Autónoma de Galicia nos termos do artigo 149.1.18 da Constitución, así
como as demais disposicións de desenvolvemento, en especial o Regulamento de
desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito
administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado.

Contra os actos e acordos que se susciten con motivo do presente contrato e que
poñan fin á vía administrativa procederá o recurso contencioso-administrativo,
conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdición
Contencioso-Administrativa, sen prexuízo da posibilidade de interpor previamente, con
carácter potestativo, recurso de reposición.
Para resolver as cuestións xudiciais que xurdan con motivo do presente contrato
os licitadores, con expresa renuncia ao foro que puidese corresponderlles, someténdose
aos tribunais que teñan xurisdición sobre o municipio de Santiso.
———————————————————————————————————-

ANEXO 1: MODELO DE OFERTA
Contratación da autorización de uso temporal das instalacións de café-bar situada na
piscina municipal (Concello de Toques)
D./Dna ………………………………………………………………, con DNI ……………………,
domicilio en ………………………………………………………………., concello de …………..
e nº de teléfono………………………….., que actúa en nome propio (ou en nome e
representación de……………………………………………………………………., con
CIF/NIF…………………….., domicilio en………………………………………………………… e nº de
teléfono…………………………………..) fai constar:
1º- Que coñece e acepta o prego de cláusulas polas que se rexe este contrato e ten a
habilitación profesional para a realización do obxecto do contrato, comprometéndose ao
cumprimento estrito das obrigas establecidas.
2º- Que oferta o canon mensual de ……………….. € (en número);
de ………………………………………………………… euros (en letra) polo uso das instalacións.
En………………….., a …….de …………………………… de 2018.
O licitador (asinado e rubricado).
—————————————————————————————————–“
En Toques o asina o Sr. Alcalde na data que figura á marxe;