Aberto o prazo de solicitude para presentar ofertas de aluguer do Bar da Piscina Municipal

Publicación do Prego de Cláusulas administrativas e técnicas particulares para a adxudicación do contrato administrativo especial de cesión temporal de Café-Bar na Piscina Municipal de Toques

A data de incicio para que os interesados poidan presentar as súas ofertas (en sobre pechado exténdese desde o 20 de maio ata o 3 de xuño.

O inicio da tempada de verán establécese desde o 14 de xuño ata o 15 de setembro, polo tanto a duración do contrato será de tres meses.

Exponse a continuación no seguinte enlace o Prego de Cláusulas, onde se dispón de información máis detallada.

Pinche aquí:

Prego de condicións para a adxudicación do bar da piscina municipal