Aberto o prazo para inscribirse no “III Torneo de Tenis Dobres Mixto”

Os vindeiros 28 e 29 de Novembro terá lugar en Toques, no Pavillón Polideportivo de Souto, a terceira edición do Torneo de Tenis Dobres Mixto, no cal participan parellas compostas por dous participantes de diferente xénero.

Xa está aberto o prazo de inscrición ata o 23 de novembro. A inscrición é gratuita e os interesados deben aportar o nome completo, número de teléfono e número de identificación nacional para formalizar a inscrición. Esta información pódese aportar mediante dúas vías: telefónicamente (626445816) ou ben enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: mauro.noguerol@toquesr.cluster028.hosting.ovh.net

O torneo en sí, consta de dúas fases, unha primeira fase de grupos e a segunda, de eliminatoria ata a final.

Os partidos dispútanse ao mellor dun set na fase de grupos e na segunda fase tamén, agás na final, que será ao mellor de tres sets.

Os participantes gozarán de unha boa atención, xa que terán dispoñible líquido para hidratarse e algo máis para calmar o apetito.

Tamén haberá agasallos e sorteos para os participantes e para o público presente, o cal pode acudir á grada do pavillón de maneira gratuita.

A organización quere que ningún interesado quede sen participar por mor de non atopar parella, co cal se alguén se atopa nesta situación que se poña en contacto no número de teléfono indicado arriba para intentar emparellar aos tenistas nesta situación.Tenis, cartel dobles mixto

Os finalistas obterán, os catro, cadanseu trofeo conmemorativo do torneo.