ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O ALUGUEIRO DO BAR DA PISCINA

O HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO SERÁ IDÉNTICO CA NO CASO DA PISCINA

O aluguer do establecemento farase en base ás ofertas ou propostas que presenten os interesados.

para a adxudicación do mesmo teranse en conta os criterios establecidos no prego de cláusulas redactadas ao efecto. Este prego pode ser consultado nas Oficinas Xerais do Concello.

As propostas dos solicitantes serán entregadas en SOBRE PECHADO antes do remate do prazo de licitación, isto é, ata o 23 de maio de 2016 ás 14:00 horas.