ABERTO PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROCESO DE SELECCIÓN DE DOUS SOCORRISTAS PARA A PISCINA DE VERÁN

ATA O VENRES 10 DE XUÑO OS INTERESADOS PODEN ENTREGAR AS INSTANCIAS XUNTO COA DOCUMENTACIÓN NO REXISTRO XERAL DO CONCELLO

O concello pretende contratar a dous socorristas a xornada completa co gallo de incrementar o horario de apertura da instalación de verán.

O proceso de selección será un concurso-oposición para o cal os solicitantes, ademáis de cumprir cos requisitos, deberán aportar copias de DNI, da titulación esixida, da inscrición no Rexistro Xeral de Socorristas (ou documento de tela solicitada) e dos documentos xustificativos dos méritos.

Para máis información poden ler as Bases Oficiais, publicadas o pasado 1 de Xuño de 2016.

Emblema_Europeo_FSE_color  descarga (1)

BASES DE CONTRATACIÓN 1  BASES DE CONTRATACIÓN 2BASES DE CONTRATACIÓN 3

SKM_C284e16060313090_0004BASES DE CONTRATCIÓN 5