Actividades de Verán 2022

Publícase a oferta de actividades de lecer e tempo libre que terán lugar en Toques durante o mes de xullo.

As actividades en cuestión son: Campamento de verán, Campus deportivo e Cursos de Natación.

O prazo de inscrición abre o 20 de xuño ata o 22 de xuño, en horario de 9:00 h a 14:00 h.

Pode realizarse a solicitude mediante a sede electrónica (en toques.gal), pero neste procedemento só se admitirán as solcitudes electrónicas desde as 9:00 h, igual que no caso das solicitudes presenciais.

Para acadar unha información máis completa consultar as bases:

Bases da convocatoria

Para cumprimentar a solicitude de inscrición, descargar a ficha nos seguintes enlaces:

En word: SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

En PDF: Ficha de inscrición

Cadro resumen de horarios: