ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO DA ÁREAS DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

NORMATIVA: Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa. (DOG nº 246 de 28/12/2015)

OBXECTO: Solicitar a participación para as actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago, así como aprobar as bases reguladoras que rexerán na Comunidade Autónoma de Galicia para a concesión das subvencións para o financiamento da ARI dos Camiños de Santiago.

PERSOAS SOLICITANTES: Comunidades de propietarios/as, agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.

ACTUACIÓNS PROTEXIBLES: A execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns. En ningún caso serán protexibles as actuación que supoñan a demolición ou o baleiramento interior das edificacións.

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN: Presentaranse preferiblemente por vía electrónica, e opcionalmente tamén se poderán presentar en formato papel. O prazo de presentación abrirase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS poderase pechar o prazo para a presentación de solicitudes de cualificación provisional e cualificación definitiva, en atención ao número de solicitudes presentadas.

BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS NO ÁMBITO DA ARI DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO.

OBXECTO: Esta orde establece as bases reguladoras que rexerán na CC.AA de Galicia para a concesión das subvencións antes mencionadas, e concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva.

PERSOAS DESTINATARIAS: Comunidades de propietarios/as, agrupacións de comunidades de propietarios/as, e persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estan en posesión da correspondente cualificación definitiva.

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS: A contía máxima das axudas determinarase atendendo ao custo subvencionable da actuación, reflectido na cualificación definitiva. A dita contía non poderá exceder os 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.

INFORMACIÓN AOS INTERESADOS:

-Dirección Xeral do IGVS

-Servizos sociais municipais