Adxudicación de prazas a familias de especial consideración para estadías de fin de semana na estación de montaña de Manzaneda

Normativa

Orde do 27 de outubro de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021. (DOG nº 209 do 29/10/2021)

Obxecto

Convocar o procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021

Familias beneficiarias do programa

Poderán ser beneficiarias do programa Montaña en familia as seguintes familias de especial consideración residentes na Comunidade Autónoma de Galicia:

  1. As familias numerosas.
  2. As familias monoparentais.
  3. As familias acolledoras.
  4. As familias vítimas de violencia de xénero.

Prezo das prazas

A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento do prezo da estadía coa achega de 50 euros por praza, polo que o importe que pagarán as persoas beneficiarias será:

  • 66 euros maiores de 12 anos
  • 36,50 euros menores de 12 anos.
  • 0 euros menores de 2 anos.

Prazo

10 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 15 de novembro de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.

Compartir en facebook
Compartir en whatsapp
Compartir en twitter
Compartir en telegram

Últimas Noticias