As Escolas deportivas de Toques participan no Torneo Provincial de Badminton de Deporte Escolar

O vindeiro 7 de maio, terá lugar en Cedeira o Campionato Provincial de Badminton de deporte escolar, ao cal, asistirán 3 participantes das Escolas deportivas de Toques.

Os volantistas toquenses conseguiron a clasificación tras disputarse a Fase Zonal, acadando un segundo posto do podio en categoría cadete masculino e un segundo e un cuarto na categoría alevín feminino.

Ao Campionato Provincial asisten participantes das catro zonas da provincia, isto é, A Coruña, Santiago, Ferrol e Noia, sendo os catro primeiros/as clasificados/as de cada categoría os/as que obteñen tal premio.

Participar neste campionato ofrece unha experiencia deportiva única a nivel  escolar e outorga a oportunidade de xogar cos mellores volantistas da modalidade en deporte escolar, co cal será unha xornada moi enriquecedora a nivel formativo.

En Cedeira estarán participantes dos seguintes clubes ou escolas deportivas municipáis: zona da Coruña: Club del Mar de San Amaro (29 participantes), CPR Obradoiro (3) e CEIP Pedro Barrié de la Maza (2); da zona de Ferrol: Club Badminton Hydra de Teixeiro (12), EDM Cedeira (14), Concello de Vilasantar (3), Concello de Sobrado (2); da Zona de Noia: Sociedade Liceo Noia (12), Clube Badminton Outes (4), IES Terra de Soneira de Vimianzo (3), IES As Insuas de Muros (3); e da Zona de Santiago: Concello de O Pino (4), Concello de Trazo (12), Concello de Melide (1), Concello de Boimorto (7), COncello de Toques (3)CPI Pontecarreira de Frades (2) e CEIP Castelao de Ordes (3).

Desexar sorte a todos e todas e disfrutar da xornada deportiva.