Axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

Normativa.- Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (VI406F). (DOG nº 94 do 16/05/2022)

Obxecto.- Financiar obras ou actuacións en que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética, con especial atención á envolvente edificatoria nos edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas, e nas vivendas unifamiliares, para a anualidade 2022, con carácter plurianual.

Actuacións subvencionables.- Son actuacións subvencionables as de mellora ou rehabilitación que se realicen en vivendas unifamiliares ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva, incluíndo as súas vivendas. Neste último caso exixirase que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda. Requisitos:

  1. Conseguir unha redución de, polo menos, un 30 % no indicador de consumo de enerxía primaria non renovable, referida á certificación enerxética, e, ademais, unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración da vivenda unifamiliar ou do edificio de, polo menos, un 35 % se están situados en zonas climáticas D e E ou dun 25 % se están situados en zona climática C.
  2. Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación, así como contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas no caso de que estas as requiran.

Contía das axudas.- 

Aforro enerxéticoPorcentaxe máx. subvenciónContía máx. por vivenda (euros)Contía máx. por m2 outros usos (euros)
30% ≤ – < 45 %406.30056
45 % ≤  < 60 %6511.300104
≥ 60 %8018.800158

Prazo.- Desde o 17 de maio ata o 30 de novembro de 2022. Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.