Axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación

Normativa.– Resolución do 5 de maio de 2022 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2022, con carácter plurianual (VI406G). (DOG nº 94 do 16/5/2022)

Actuacións subvencionables:

  1. A emisión do libro do edificio existente para a rehabilitación (liña A).
  2. A redacción de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios (liña B).

As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020.

Requisitos das vivendas:

  1. Estar rematados antes do ano 2000.
  2. Que polo menos o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.

Contía das axudas:

A contía máxima da subvención para o libro do edificio existente para a rehabilitación será a obtida da seguinte forma:

  1. No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 700 euros, máis unha cantidade de 60 euros por vivenda.
  2. No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 1.100 euros, máis unha cantidade de 40 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 3.500 euros.

Se non se dispón do informe de avaliación do edificio ou documento análogo, a axuda poderá incrementarse ata nun 50 %.

2. No suposto de proxectos técnicos de rehabilitación integral de edificios a contía máxima da subvención será a obtida da seguinte forma:

  1. No caso de vivendas unifamiliares e edificios plurifamiliares de ata 20 vivendas: 4.000 euros, máis unha cantidade de 700 euros por vivenda.
  2. No caso de edificios plurifamiliares de máis de 20 vivendas: 12.000 euros, máis unha cantidade de 300 euros por vivenda, cunha contía máxima de subvención de 30.000 euros.

Prazo.– Desde o día 17 de maio ata o 30 de novembro de 2022. Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos.