AXUDAS A PARTICULARES PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DE COCIÑA E BAÑO (REFORMA 17)

NORMATIVA: Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión. (DOG nº 184 do 27/9/2017)

OBXECTO: Convocar axudas a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

O Igape publicará na súa páxina web www.igape.es/reforma17 a relación actualizada en todo momento dos establecementos de venda adheridos ao programa.

BENEFICIARIOS: Persoas físicas, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na CC.AA de Galicia.

ACTUACIÓNS, GASTOS SUBVENCIONABLES E CONTÍA DAS AXUDAS: Serán subvencionables as operacións de adqusición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño (excluídos electrodomésticos) realizadas nun establecemento de venda adherido.

A contía da axuda será dun 20% sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario. A axuda o Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape. A diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40% desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se poida obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecemento ou fabricantes.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As entidades colaboradoras do programa Reforma 17 son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación). O comprador/a dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá un conxunto de bens para adquirir que cumpra os requisitos mínimos exixidos.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: O prazo para entidades colaboradoras será dun mes a partir da publicación desta convocatoria no DOG e finalizará o 27 de outubro de 2017. O prazo para a presentación de solicitudes de axuda comezará aos 10 días hábiles despois da publicación desta convocatoria no DOG  e finalizará o 17 de novembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. O prazo de xustificación da axuda estenderase ata o 1 de decembro de 2017.

MÁIS INFORMACIÓN:

-Páxina web do Igape: http://www.igape.es

-Teléfono de información do Igape: 900815151

-Servizos Sociais Municipais.