AXUDAS A TRABALLADORES E FAMILIAS MONOPARENTAIS QUE SE ACOLLAN Á REDUCIÓN DE XORNADA PARA O COIDADO DE FILLOS/AS

NORMATIVA: Resolución do 28 de marzo de 2016 da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo. (DOG nº 61 do 31/03/2016)

OBXECTO: Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores e familias monoparentais que, entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 30 abril de 2016, teñan unha situación de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos/as menores de 3 anos ou menor de 12 anos no suposto de que padeza unha discapacidade recoñecida de procentaxe igual ou superior ao 33%. Non deberán ter uns ingresos superiores a 5,5 veces o IPREM para o ano 2015.

CONTÍAS MÁXIMAS E DURACIÓN DAS AXUDAS: A contía da axuda, de pagamento único, estará en función da porcentaxe de redución de xornada laboral que se solicite e da duración desta, que será como máximo de 8 meses e como mínimo de 60 días naturais ininterrompidos; e estará entre 1.700 e 3.700 euros.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

Secretaría Xeral de Igualdade

Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro

No enderezo electrónico: https://sede.xunta.es

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 30 de abril de 2016.