Axudas desenvolvemento de iniciativas empresariais da xuventude da provincia da Coruña

Normativa

Bases Reguladoras 2020/4791 Axudas PEL Rurinnova_Xuventude Emprendedora, Programa Operativo de Emprego Xuvenil Fondo Social Europeo (BOP A Coruña nº 111 de 20/7/2020).

Extracto da Resolución número 2020/22833 de 24 de julio de 2020 , da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se aproba a convocatoria da liña de axudas PEL RURINNOVA_Xuventude Emprendedora. (BOP A Coruña nº 122 do 4/8/2020)

Obxecto

Fomentar o autoemprego e a creación de empresas a través de accións e medidas dirixidas ao desenvolvemento de iniciativas empresariais da xuventude mediante o traballo.

Beneficiarias

Persoas mozas da provincia da Coruña, empadronadas en concellos con poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réximen de autónomos como persoas físicas ou como persoas xurídicas desde o 1 de abril de 2019.

Contía das axudas

Oscilarán entre un mínimo de 4.050 € e un máximo de 8.100 €, estando previsto o abono das mesmas nun único pago por importe máximo do total da axuda según o cálculo mensual que corresponda.

Presentación de solicitudes

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña: https://sede.dacoruna.gal/opencms/gl/

Prazo 

Desde o día seguinte ao da publicación do extracto de convocatoria no BOP da Coruña ata as 14:00 horas do 31 de agosto de 2020.