Axudas do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e microempresas afectadas pola crise da COVID-19

Normativa

Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 33 do 18/02/2021)

Obxecto

Convocar para o ano 2021 axudas para as persoas traballadoras autónomas de Galicia do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19 a través de dous programas:

Programa I. Persoas traballadoras autónomas

Persoas beneficiarias

  1. As persoas traballadoras autónomas de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar como persoas traballadoras por conta propia e que teñan o domicilio fiscal en Galicia, incluídos os autónomos societarios que teñan unha alta anterior ao 30.3.2020 e que acrediten unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 % nos termos establecidos no artigo 19.3.
  2. As persoas autónomas societarias, que estean de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar con data anterior ao 30.3.2020 e indiquen no anexo I unha empresa da cal sexan societarios cunha porcentaxe de participación mínima do 25 %, e que cumpra os requisitos de baixada de facturación.
  3. As persoas traballadoras autónomas de tempada, sempre que acrediten que, aínda que non estean de alta no momento da presentación da súa solicitude, estivesen de alta un mínimo de catro meses e máximo de nove meses, en cada un dos anos 2018 e 2019.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Importe das axudas

  1. 1.200 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 45 % e o 60 %.
  2. 2.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
  3. 3.000 € para as persoas que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Para as persoas autónomas de tempada, os importes da axuda serán o 50 % das cantidades indicadas no punto anterior.

Programa II. Microempresas

Persoas ou entidades beneficiarias

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas, as microempresas e, excepcionalmente, as pemes conforme o indicado no artigo anterior, sempre que teñan persoal contratado por conta allea ao seu cargo e que tivesen unha baixada de facturación de, polo menos, o 45 %.

Deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

  • Ter domicilio fiscal en Galicia.
  • Que a facturación baixase polo menos a cantidade indicada na epígrafe anterior no ano 2020 segundo o cálculo definido no artigo 31.

Entenderase como actividade especialmente paralizada aquela que tivese un descenso de facturación igual ou superior ao 70 %.

Importes das axudas

  1. 4.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de entre o 45 % e o 60 %.
  2. 5.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60 % e de menos do 70 %.
  3. 6.000 € para as persoas ou entidades que acrediten unha baixada de facturación igual ou superior ao 70 %.

Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte á data de publicación desta orde no DOG. Ata o 18 de marzo de 2021.

Máis información: no teléfono 900 81 56 00 ou na web www.oficinadoautonomo.gal.