Normativa
Obxecto
Ademais da modalidade Respiro en residencia, o programa de Respiro de persoas coidadoras subvencionará a prestación de servizos de atención e coidado no propio domicilio da persoa en situación de dependencia ou con discapacidade, a través da modalidade Respiro no fogar co obxecto de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das/os coidadores e mellorar calidade de vida de todas as persoas implicadas.
Modalidades
- Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.
- Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de novembro de 2020.
Persoas beneficiarias
Aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha persoa con necesidades especiais de atención persoal.
Requisitos para acceder á subvención
- Que ben o coidador ou ben a persoa que atende, sexan residentes na CA de Galicia.
- Que a persoa a que se coida presente calquera das seguintes situacións:
- Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
- Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.
- Que a persoa a que se coida presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.
- Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do último exercicio.
- Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Modalidade Respiro no fogar
Con carácter xeral, concederase un máximo de 72 horas por persoa beneficiaria para cada ano natural. Estas horas poderán distribuírse de luns a domingo.
Contía da axuda
A contía estará determinada en función da renda per cápita da unidade familiar (RPCF), de acordo cos seguintes tramos:
- RPCF ata 3.750 euros: 14 €/hora.
- Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora.
- Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora.
- Superior a 10.000 euros: 7 €/hora.
A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa
Modalidade de Respiro en residencia
a) Estadías de ata un máximo de 15 días
b) Estadías de fin de semana
Contía da axuda
A Consellería de Política Social contribuirá ao financiamento da estadía coa porcentaxe do custo do servizo que se establece a seguir en función dos ingresos económicos:
- RPCF ata 3.750 euros: subvención do 70 % do custo do servizo.
- RPCF superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 50 %
- RPCFsuperior a 7.500 e ata 10.000 euros: 25 %
- RPCFsuperior a 10.000 euros: subvención do 10 %
Prazo
Ata o 30 de setembro de 2020.