Axudas económicas ás familias numerosas para estadías de fin de semana nas estacións de montaña.

Normativa

Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2018. (DOG nº 206 do 29/10/2018) BS423D

Obxecto

Conceder de axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da CA de Galicia destinadas ás familias numerosas de Galicia.

Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.

Tipo de axuda

As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e de 37,5 € para os menores de 12 anos.

Persoas beneficiarias e requisitos

As familias numerosas residentes na CA de Galicia que, ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumpran os seguintes:

  1. Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
  2. Residir na CA de Galicia.
  3. Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
  4. Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

Lugar de presentación

Prazo de presentación

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 29 de novembro de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.