AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NAS ESTACIÓNS DE MONTAÑA

NORMATIVA: Orde do 12 de xuño de 2017 pola que se convoca o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma para o ano 2017 . (DOG nº 117 do 21/06/2017)

OBXECTO: Conceder axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da CA de Galicia destinadas ás familias numerosas.

TIPO DE AXUDA: As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos/as de 12 anos ou máis e adultos, e de 37,5 € para os menores de 12 anos.

PERSOAS BENEFICIARIAS E REQUISITOS:

-Formar parte dunha unidade de convivencia considerada numerosa co título en vigor

-Residir na CA de Galicia

-Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 10.500 € anuais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 21 de xullo de 2017.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.