AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A ATENCIÓN A DOMICILIO DE NENAS/OS MENORES DE 3 ANOS A TRAVÉS DO PROGRAMA BONO COIDADO

NORMATIVA: Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas/os menores de 3 anos a través do programa Bono coidado. (DOG nº 161 do 26/08/2016).

OBXECTO: Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos/as menores de 3 anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as reponsabilidades familiares.

PERSOAS BENEFICIARIAS: Pais/nais, titores/as, ou as persoas acolledoras de nenos/as menores de 3 anos residentes en Galicia que se atopen nestes supostos:

– Ter unha nena ou neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2013 respecto da anualidade 2016 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2014 respecto da anualidade 2017.

– Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere so 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos terase en conta a declaración do IRPF do ano 2014 respecto da anualidade 2016 e do ano 2015 respecto da anualidade 2017.

TIPO DE AXUDA:  A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos:

– Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar

– Enfermidade da persoa coidadora habitual

– Asistencia da persosa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación

– Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a menor polos membros da unidade familiar.

Concederase un máixmo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado.

CONTÍA: En función da renda per cápita, de acordo cos seguintes tramos:

– Ata 3.750 euros: 14 €/hora

– Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora

– Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora

– Superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos para poder ser beneficiario: 7 €/hora.

PERÍODO SUBVENCIONABLE: Desde o día 27 de agosto de 2016 ata o 1 de decembro de 2017.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Ata o 30 de setembro de 2017.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.