AXUDAS INDIVIDUAIS A PERSOAS CON DISCAPACIDADE PARA SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA E COMPLEMENTARIOS DE ASISTENCIA PERSOAL

NORMATIVA: Orde do 8 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, a persoas con discapacidade. (DOG nº 53 do 17/03/2016)

OBXECTO: Convocar axudas individuais, de carácter non períodico, destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como á adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de colaborar neste tipo de gastos, con efectos do 1 de xaneiro de 2016. Unicamente poderán ser obxecto de financiamento para esta convocatoria as actuacións que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2016.

INCOMPATIBILIDADES: As persoas beneficiarias dun servizo ou prestación a través do sistema de atención á dependencia (SAAD) e/ou do sistema galego de servizos sociais incluído como prestación do catálogo do SAAD quedarán excluídas desta convocatoria por ser incompatibles con estas axudas. Considéranse dúas excepcións: adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, e adquisición do servizo de acompañamento e intérpretes.

LUGAR DE PRESENTACIÓN:

Preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia

Conselllería de Política Social

Nos servizos comunitarios do domicilio da persoa solicitante.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: Dous meses contados desde o día seguinte ao da publicaión no DOG. Ata o 17 de maio de 2016.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.