Axudas para a contratación indefinida de persoas mozas da provincia da Coruña

Normativa

Bases reguladoras (BOP A Coruña nº 111 de 20/7/2020)

Extracto da Resolución número 2020/22834 de 24 de xullo de 2020, da Presidencia da Diputación de A Coruña, pola que se aproba a convocatoria da liña de axudas PEL 2020 PEL RELEVO_Creación de emprego para a xuventude. (BOP A Coruña nº 122 do 4/8/2020)

Obxecto

Apoiar ao tecido empresarial rural na contratación laboral de persoas mozas en situación de desemprego.

Beneficiarias

Empresas e empregadoras que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas da provincia da Coruña, empadroadas en concellos con poboación igual ou inferior 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo e rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Contía das axudas

Oscilarán entre un mínimo de 2.700 € e un máximo de 28.500 €, estando previsto o abono das mesmas nun único pago por importe máximo do total da axuda segundo o cálculo mensual que corresponda.

Presentación das solicitudes

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación desta convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTeL, accesible desde a sede electrónica da Diputación Provincial de A Coruña: https://sede.dacoruna.gal/opencms/gl/

Prazo

Desde o día seguinte ao da publicación do extracto de convocatoria no BOP da Coruña ata as 14:00 horas do 31 de agosto de 2020.