Axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega inscrita no SNGX

Normativa

Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021. (DOG nº 155 do 13/8/2021) 

Obxecto

Regular e convocar para o ano 2021 axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía da axuda

  • 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B
  • 650 € para o permiso de clase C

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para ambos permisos.

Persoas destinatarias e requisitos

Persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

  1. Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C e que non superen a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
  2. Estar empadroadas na CA de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da CA de Galicia.
  4. Estar matriculadas nunha autoescola da CA de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.

Documentación

Solicitude (anexo I) presencial ou tramitación en liña, coa seguinte documentación:

  1. O xustificante que acredite estar matriculado/a nunha autoescola no momento de presentar a solicitude, no caso de non estar xa en posesión do/dos permiso/s de conducir obxecto da solicitude. O xustificante deberá indicar a modalidade de permiso/s de condución obxecto da matrícula.
  2. O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 5, no caso de que a última variación do padrón sexa inferior a un ano.

Prazo

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 13 de setembro de 2021.