Axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega inscrita no SNGX.

Normativa

Orde do 26 de febreiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. (DOG nº 46 do 9/3/2020)

Obxecto

Regular e convocar para o ano 2020 axudas para a obtención dos permisos de condución das clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.

Contía da axuda

  • 400 € para a obtención do permiso de condución de clase B
  • 650 € para o permiso de clase C

O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para ambos permisos.

Persoas destinatarias e requisitos

Persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

  1. Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
  2. Estar empadroadas na CA de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  3. Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da CA de Galicia.
  4. Estar matriculadas nunha autoescola da CA de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

Prazo

Desde o 10 de marzo ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible.