Axudas para a posta en marcha de casas do maior

NORMATIVA: Orde do 24 de agosto de 2018 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e se convocan en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2018 e 2019. DOG Núm 171 do 7 de setembro de 2018.

OBXECTO: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia moderada e severa, grao I e grao II respectivamente, mediante o establecemento da casa do maior nos concellos de menos de 5.000 habitantes. Por medio desta orde convócanse as ditas axudas para a posta en marcha do proxecto piloto de casas do maior durante os anos 2018 e 2019, cun máximo de 15 mensualidades.

ENTIDADES BENEFICIARIAS: Poderán ser beneficiarias destas axudas para pór en marcha unha casa do maior as persoas físicas que se establezan como empresarios autónomos ou que constitúan cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, por calquera das titulacións que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:
1º. Grao en Medicina.
2º. Grao en Enfermaría.

3º. Título de técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría.
4º. Título de técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

5º. Título de técnico superior en Integración Social.
6º. O certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.

7º. O certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio.
8º. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
b) Residir en concellos cunha poboación inferior a 5.000 habitantes de acordo co previsto no artigo 1 desta orde ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nunha das poboacións mencionadas na letra anterior ou dispor del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
d) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.

TIPOS DE AXUDAS E CONTÍAS:

1. As axudas para gastos de investimento consistirán nunha subvención de ata o 100 % dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa do maior de 15.000 euros. Consideraranse como elixibles aqueles gastos en que o promotor incorra para a reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa do maior, así como o seu equipamento e dotación material sempre que sexan necesarios.
2. A axuda polo desenvolvemento do proxecto piloto consistirá nunha achega económica de 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora ao comezo da súa andaina, que se liquidará nos termos previstos no artigo 24 desta orde. Este importe, que se percibirá anualmente, minorarase proporcionalmente no ano 2018 en función dos meses efectivos de desenvolvemento.
3. Adicionalmente, no caso de que as persoas usuarias da casa do maior fagan uso do servizo de manutención, os beneficiarios das axudas desta orde percibirán un máximo de 100 € mensuais para un período mensual de 20 días a razón dun máximo de 5 € por persoa e día, sempre que se efectuase un servizo completo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.