AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

NORMATIVA: Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convoctoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020 (DOG nº 119 do 23/06/2017).

OBXECTO: Regular a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas/os de ata tres anos, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da CA de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos, e convocar as ditas axudas para a posta en marcha o proxecto piloto de casas niño durante os anos 2017, 2018, 2019 e 2020.

BENEFICIARIAS E REQUISITOS: Persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:

a) Estar en posesión de calquera das titulacións que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes: -Técnico/a superior en educación infantil; -Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria; -Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social; -Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia; -Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditadas neste ámbito.

b) Residir nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos, ou telo feito con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.

c) Contar cunha vivenda nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos, ou dispoñer dela con anterioridade a posta en marcha da experiencia piloto.

d) Dispoñer dun plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.

e) Establecerse como empresario/a autónomo/a ou constituír unha cooperativa de traballo asociado.

f) Acreditar unha revisión médica anual.

TIPOS DE AXUDAS E CONTÍAS:

-Para gasto de investimento: subvención de ata o 100 % dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 €

-Para desenvolvemento do prexecto piloto: achega económica de 19.600 €/ano en forma de prima destinada a apoiar esta inciativa emprendedora no inicio da súa andaina.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Un mes contado a partir do día seguinte da publicación da orde no DOG. Ata o día 24 de xullo de 2017.