AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

NORMATIVA: Orde do 6 de maio de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, parcialmente cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2016, 2017, 2018 e 2019. (DOG nº 96 do 23/05/2016)

OBXECTO: Regular a concesión e axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas/os de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da CC.AA de Galicia de menos de 5.000 habitantes en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade.

REQUISITOS: As persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado,  teñen que estar en posesión ou contar, cando menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:

-Técnico/a superior en educaicón infantil

-Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria

-Grao en pedagoxiía, psicoloxía ou educación social

-Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia

-Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á  infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.

PERMANENCIA MÍNIMA DA ACTIVIDADE EMPRESARIAL SUBVENCIONADA: Será desde a data de posta en marcha do proxecto piloto ata o 31 de decembro de 2019, agás causas de forza maior allea á vontade da/o profesional ou coopertativa que o desenvolve ou falta de demanda.

TIPOS DE AXUDA E CONTÍAS:

-Para gastos de investimento (reforma e adaptación da vivenda destinada a servir de casa niño, e o seu equipamento e dotación material): subvención de ata o 100% dos gastos elixibles, cun límite máximo global por casa niño de 15.000 euros.

-Para desenvolvemento do proxecto piloto: achega económica de 19.600 euros/ano en forma de prima destinada a apoiar esta iniciativa emprendedora no inicio da súa andaina. Este importe minorarase proporcionalmente no ano 2016 en función dos meses efectivos de desenvolvemento.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Un mes contado a parir do día seguinte da publicación da orde no DOG. Ata o 23 de xuño de 2016.