AXUDAS PARA A REHABILITACIÓN CON GRANITO DE FACHADAS

NORMATIVA:  Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes.

OBXECTO: Fomentar a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda existentes, contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente.

BENEFICIARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas illadas ou edificios de vivenda colectiva, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Rehabilitación con granito da envolvente das fachadas existentes de vivendas ou edificios de vivenda colectiva. Non se admitirán rehabilitacións parciais da fachada. Os tipos de envolventes térmicas subvencionables son fachadas pegadas de granito, fachadas trasventiladas de granito, e fachadas de perpiaño.

GASTOS SUBVENCIONABLES:  Deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao prazo máximo de xustificación o 14/11/2016. Considéranse custos subvencionables:

-Custos de memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios; así como os custos de licenzas

-Custos de desmontaxe do material de fachada

-Custos dos materiais

-Custos da man de obra civil  e instalacións auxiliares necesarias para a montaxe da nova envolvente de granito.

Para as actuacións incluídas nesta convocatoria, o custo subvencionable máximo será de:

-110 € por m2 no caso de fachadas pegadas de granito

-140 € por m2 no caso de fachadas trasventiladas de granito

-130 € por m2 no caso de fachadas de perpiaño de granito.

Con carácter xeral, a contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables, cun máximo de: 12.000 € por vivenda unifamiliar illada, e de 40.000 € por edificio de vivendas en bloque.

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN: Presentaranse preferiblemente por via electrónica, e opcionalmente tamén se poden presentar en soporte papel. O prazo será desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

INFORMACIÓN AOS INTERESADOS:

-Páxina web oficial da consellería: https://economiaeindustria.xunta.es

-Servizos sociais municipais.