AXUDAS PARA A RENOVACIÓN DE FACHADAS E CUBERTAS DE LOUSA

NORMATIVA: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de fachadas e cubertas de lousa.

OBXECTO: Fomentar a renovación de fachadas e cubertas con lousa acandando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

BENEFICIARIOS: Os particulares ou as comunidades de propietarios, sempre a a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTUACIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES: Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade á data de xustificación o 14/11/2016. Considéranse custos subvencionables:

-Custos das memorias básicas, informes técnicos e certificados necesarios

-Custos de licenzas

-Custos de desmontaxe das fachadas e cubertas existentes, e custos de montaxe das novas fachadas e cubertas de lousa

-Custos materias das novas fachadas e cubertas de lousa.

Para as actuación incluídas nesta convocatoria, o custo subvencionable máximo será de 70 € por m2 de fachada ou cuberta. A contía da subvención será do 40 % dos custos totais subvencionables.

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN: Presentaranse preferiblemente por vía electrónica, e opcionalmente temén se poderán presentar en soporte papel. O prazo será desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

INFORMACIÓN AOS INTERESADOS:

-Páxina web oficial da consellería: https: //economiaeindustria.xunta.es

-Servizos sociais municipais.