Axudas para actuacións de mellora paisaxística no Camiño de Santiago

Publicado no Diario Oficial de Galicia número 229 o 2 de decembro, esta subvención de concorrencia NON competitiva da Axencia de Turismo de Galicia,  ten por obxecto a mellora paisaxística, a harmonía, a orde e o respecto do Camiño de Santiago así como os valores culturais.

Este enderezo permite consultar as bases da convocatoria, na cal nos artigos 5 e 6 explica a documentación que se debe aportar na prensentación da solicitude:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191202/AnuncioG0256-191119-0007_es.html

Pero, un dos requisitos importantes no momento de realizar a xustificación é ter obtido tres ofertas de tres provedores diferentes previas á contratación.

A continuación se describe información a cerca da solicitude:

O prazo para solicitar a axuda remata o 2 de xaneiro de 2020 e o prazo de  xustificación abrangue ata o 20 de outubro de 2020.

As axudas concedidas ás persoas físicas serán do 75 %  cun límite de 10.000 euros.

Desta axuda pódense benificiar tanto administracións como persoas físicas ou xurídicas, é dicir que calquer veciño ou veciña, con bens inmobles e fincas ou solares en zona de afección do camiño nas parroquias de Vilouriz e Villamor, podería solicitar a axuda para realizar unha ou varias actuacións das que se inclúen na seguinte relación:

  1. Actuación sobre elementos etnográficos e sua contorna: mantemento conservación ou restauración de fontes, lavadoiros, hórreos, pontes, pontellas, muíños, valados, peches….
  2. Actuacións sobre a casa e a eira: mellora dos revestimentos (fachada e cuberta); mellora dos puntos de contacto co camiño (valados, pavimentos, áreas de descanso); ou mellora nas edificacións auxiliares.
  3. Actuacións no espazo agrario: ocultación daqueles elementos de forte impacto visual sobre o camiño (por exemplo instalar vexetación para ocultar unha nave gandeira); demolición de elementos en desuso ou abandoados como casetas ou silos; mellora dos elementos de contacto  co trazado do camiño (valados ou pavimentos nos puntos de acceso); limpeza de materiais en desuso.
  4. Actuacións de naturalización: incorporación de vexetación como elemento integrador de construccións para acadar melloras de axardinamento.
  5. Actuacións no trazado do camiño: substitución de elementos de mobiliario urbano como marquesiñas, elementos de sinalización, bolardos, iluminación pública, cables aéreos, antenas, contenedores de residuos….