Axudas para audífonos a persoas con dificultades económicas – Obra Social Amplifón

A misión da Obra Social é contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con menor sensibilidade auditiva, para que volvan a ser plenamente activas e recuperen unha comunicación totalmente satisfactoria que lles permita disfrutar en todas as situacións de cotío.

A Obra Social é posible grazas ao traballo en equipo de distintos grupos de profesionais: traballadores sociais, educadores, orientadores, audioprotesistas…

Servizos

A Fundación, a través da Obra Social, pon a disposición dos colectivos máis desfavorecidos os seguintes servizos:

  • Estudo auditivo de balde
  • Subvención de ata un 75 % en audífonos
  • Asesoramento e xestión de axudas
  • Donación de audífonos (previa valoración)
  • Adaptacións infantís

Beneficiarios e requisitos de acceso

  • Persoas con problemas auditivos e dificultades económicas para acceder a audífonos sen subvención.
  • Renda per cápita inferior a 700 €.
  • Valoración da/do profesional derivante.

A persoa usuaria deberá acudir a calquera dos gabinetes de Amplifón (con cita previa) coa folla de derivación facilitada polo traballador/a social derivante.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.