Axudas para o alumnado con necesidades educativas especiais

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Normativa:

Resolución de 24 de xullo de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2015-2016 (BOE nº 183 do 1/08/2015)

Obxecto:

Convocar, para o ano 2015-2016 as seguintes axudas individualizadas para alumnos con necesidades educativas especiais:

-Axudas directas paa o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta, incluíndo TDAH que necesite atención educativa específica.

-Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave para familias numerosas.

-Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para o alumnado con necesidade específica de apoio asociado a altas capacidades intelectuais.

Lugar de presentación:

No centro docente onde o solicitante vaia a estar matriculado no curso 2015-2016.

Directamente nas Direccións Provinciais do Ministerio de Educación e Ciencia

Prazo de presentación:

Ata o 30 de setembro de 2015

Máis información nos servizos sociais municipais.