AXUDAS PARA RENOVACIÓN CUBERTAS CON TELLA CERÁMICA

NORMATIVA: Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a renovación de cubertas con tella cerámica. (DOG nº 249 de 31 de decembro de 2015)

OBXECTO: Fomentar a renovación de cubertas con tella cerámica acadando melloras significativas na demanda enerxética dos edificios cos conseguintes aforros en termos económicos.

DESTINATARIOS: Particulares ou comunidades de propietarios, sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas ou edificios de vivenda colectiva e nas súas edificacións anexas da súa titularidade, sitos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ACTUACIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES: A actuación subvencionable será a renovación de cubertas existentes de vivendas ou edificios de vivienda colectiva, así como nas súas edificacións anexas, por unha cuberta de tella cerámica. Non se admitirán as solicitudes que consistan na realización de obras ou traballos de renovacións parciais da cuberta. Os custos subvencionables son:

-Custos de materiais das novas cubertas de tella cerámica

-Custos de desmontaxe das cubertas existentes e de montaxe das novas cubertas de tella

-Custos dos proxectos de arquitectura ou enxeñería

-Custos de licenzas

Para as actuacións incluídas nesta convocatoria, o custo subvencionable máximo será de 55 € por m2 de cuberta. A contía da subvención será do 40% dos custos totais subvencionables.

SOLICITUDES E PRAZO DE PRESENTACIÓN: Presentaranse preferiblemente por vía electrónica, e opcionalmente tamén se poderán presentar en soporte papel. O prazo de presentación será desde o 20 de xaneiro de 2016 ao 20 de abril de 2016, ambos os dous incluídos, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. O prazo máximo de xustificación será ata o 14 de novembro de 2016.

INFORMACIÓN AOS INTERESADOS:

-Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es

-Nos servizos sociais municipais