Axudas plan renove caldeiras de alta eficiencia

AXUDAS AO PLAN RENOVE DE CALDEIRAS DE ALTA EFICIENCIA

Orde do 10 de xuño de 2015

plan renove caldeirasO obxecto destas axudas están destinadas a promover a instalación de caldeiras de alta eficiencia enerxética de gas natural, GLP ou biomasa de potencia térmica maior ou igual a 5 kw para a produción de auga quente sanitaria e/ou calefacción en substitución de caldeiras de baixa eficiencia enerxética situadas en vivendas particulares e comunidades de propietarios.

Os beneficiarios son particulares e comunidades de propietarios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Os investimentos subvencionables son o custo da caldeira de gas natural, GL ou biomasa, conducto de evacuación dos produtos de combustión e os gastos derivados da montaxes e conexión dos equipamentos, non considerando subvencionables as estufas de aire, cociñas calefactoras e xeradores de aire quente.

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 30 de outubro de 2015.

Información:

Páxina web oficial: http://economiaeindustria.xunta.es

Telfs. 981 95 71 85 – 881 999 431

Concello: 981505826