AXUDAS REDE NATURA 2000 (Mellora carreiros, sinalización camiños, restauración hórreos, valados, fontes…)

NORMATIVA: Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2018 e 2019 das axudas a investimentos non produtivos vinculados á realización de obxectivos agroambientais e climáticos en concellos incluídos na Rede Natura 2000, cofinanciadas co Feader.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

-Persoas titulares de terreos agrícolas e forestais privados

-Concellos incluídos na rede Natura 2000

-Asociacións ambientalistas e de custodia do territorio

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES:

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria ou actuacións de desenvolvemento de usos recreativos (creación e/ou mellora cercas, sebes, mellora carreiros rurais, sinalización de camiños…)

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais (rehabilitación hórreos, milladoiros, valados, fontes…)

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais

CONTÍA:

Concederase o 100% do custo subvencionable, cun importe máximo de 20.000 euros/proxecto no caso dos beneficiarios da alínea b) e de 12.000 euros no caso dos beneficiarios das alíneas a) e c). O IVE non será subvencionable.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 15/02/2018.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.