Bases do Concurso de Disfraces de Entroido 2016

BASES DO CONCURSO

Para participar no concurso é necesario inscribirse. Poderá facerse a medida que se vai chegando o propio día do concurso, antes de dar comezo o desfile do Entroido.

O xurado estará formado por membros de diversas asociación  e entidades do concello ou persoas vinculadas ao mundo da cultura e tradicións.

A decisión do xurado realizarase ao remate do concurso.

O xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas cualificacións en cada una das categorías así como establecer os premios por categorías.

A resolución será inapelábel

Premios:

1r Premio: 150 euros

2º Premio: 100 euros

3r Premio: 75 euros

4º Premio: 50 euros

5º Premio especial: 25 euros