Bases para a concesión de prazas nas residencias xuvenís

Normativa

ORDE do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de prazas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2020/21 (códigos de procedemento BS303B (prazas de residencias xuvenís para estudantes) e BS303D (prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras)  (DOG nº 145 do 21 de xullo de 2020)

Obxecto

Establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocalas para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

Lugo                    Centro Residencial Xuvenil LUG                    74 home/muller

Ourense             Florentino López Cuevillas                              55 home/muller

Vigo                    Altamar                                                               87 home/muller

Requisitos das persoas solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento de presentación da solicitude.

b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.

c) Ter feitos os 16 anos e non superar os 30 en data 31 de decembro do ano da presente convocatoria.

2. Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes:

a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de másteres universitarios oficiais.Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

b) No concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.

3. Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras:

a) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

b) No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, que teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

c) No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde. Ata o 21/8/2020.