Bases que rexeran a convocatoria para a contratación de dous peóns para a brigada medioambiental

“BASES QUE REXIRAN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE DOUS PEÓNS A XORNADA COMPLETA PARA A BRIGADA MEDIOAMBIENTAL POLO SISTEMA DE CONCURSO OPOSICIÓN (VALORACIÓN DE MÉRITOS E PROBA PRÁCTICA)”.

Primeira.- Obxecto da Convocatoria

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante concurso oposición, de 2 peóns forestais para a Brigada Medioambiental.

A modalidade contractual será a de contrato de obra ou servizo de duración determinada con unha xornada de 40 horas/semanais e unha duración de 4 meses. As actuacións obxecto do traballo serán as descritas na Memoria presentada na solicitude de subvención do Plan provincial de Medio Ambiente para o ano 2016

Ditas contratacións están subvencionadas de maneira íntegra pola Deputación Provincial de A Coruña a través do mentado Plan de Medio Ambiente.

As retribucións serán de 841,00 € brutos mensuais, incluindo soldo e parte proporcional de paga extra.

Segunda.- Requisitos dos/as aspirantes

 

A) Ter a nacionalidade española, sen prexuizo do disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público en Galicia que establece“1. Pueden acceder al empleo público como personal funcionario en igualdad de condiciones con las personas de nacionalidad española:

  1. a) Las personas que posean la nacionalidad de otros estados miembros de la Unión Europea.
  2. b) Las personas, cualquiera que sea su nacionalidad, que sean cónyuges de personas que posean la nacionalidad española o de otros estados miembros de la Unión Europea, siempre que no estén separadas de derecho.
  3. c) Las personas, cualquiera que sea su nacionalidad, descendientes de personas que posean la nacionalidad española o de otros estados miembros de la Unión Europea, siempre que sean menores de veintiún años o mayores de dicha edad dependientes.
  4. d) Las personas, cualquiera que sea su nacionalidad, descendientes del cónyuge no separado de derecho de personas que posean la nacionalidad española o de otros estados miembros de la Unión Europea, siempre que sean menores de veintiún años o mayores de dicha edad dependientes.
  5. e) Las personas incluidas en el ámbito de aplicación de los tratados internacionales celebrados por la Unión Europea y ratificados por España en los que sea de aplicación la libre circulación de trabajadores.
  6. Se exceptúa de lo previsto en el apartado anterior el acceso a los empleos públicos que directa o indirectamente impliquen participación en el ejercicio del poder públicoo en las funciones que tienen por objeto la salvaguarda de los intereses de las administraciones públicas.
  7. Pueden acceder al empleo público como personal laboral en igualdad de condiciones con los españoles las personas con nacionalidad extranjera a las que se refiere el apartado primero de este artículo, así como los demás extranjeros con residencia legal en España.

Os aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar o cumprimento dalgún dos requisitos anteriores xuntando á solicitude fotocopia compulsada do documento de identidade ou pasaporte.

 

  1. b) Poseer a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Non padecer enfermidade nin estar afectado por doencia física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións. No caso de minusvalía que non impida o exercicio das súas funcións deberá xustificarse por medio de certificación da Consellería competente da Xunta de Galicia.
  2. c) Ter cumpridos os 16 anos de idade e non exceder no seu caso da idade máxima de xubilación forzosa.
  3. d) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das CCAA nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. De ser nacional doutro Estado non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado nos mesmos termos o acceso ó emprego público.
  4. e) Non estar incurso en causas de incompatibilidade de conformidade có disposto na Lei 53/1984 do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.

 

 

      Todos os requisitos esixidos deberán terse no momento de finalizar o prazo de                     presentación de solicitudes, e manterse ao longo da duración do contrato.

Terceira.- Presentación de solicitudes.- Estas bases serán publicadas no taboleiro de anuncios do Concello así como na páxina web do Concello ós efectos de outorgar a máxima publicidade posible.

            Os/as aspirantes deberán presentar unha instancia (Anexo I), dirixida ao Sr. Alcalde, no Rexistro Xeral do Concello de Toques, a esta instancia deberán achegar a seguinte documentación:

 

 

 

 

  1. A) D.N.I.
    1. Permiso de conducir B1.
    2. Certificados dos cursos/titulos relacionados co posto.
    3. Contratos de traballo xunto co informe de vida laboral, no seu caso.
    4. Celga 2 ou superior, ou equivalente.

 

 

O prazo máximo para presentar a instancia xunto coa documentación será o día 22 de agosto de 2016.

Rematado o prazo de presentación de documentación dictarase a correspondente Resolución sobre a admisión ou non dos solicitantes, resolución que se publicará no taboleiro de anuncios do concello. Os solicitantes excluídos terán un prazo de 2 días para presentar as reclamacións oportunas. Unha vez resoltas as reclamacións dictarase a resolución sobre a admisión definitiva dos solicitantes e no que se determinará a data para proceder por parte do Tribunal á baremación dos méritos e á realización e posterior evaluación da proba práctica.

Cuarta.- Fase de concurso. Baremo para a valoración de méritos.- Procederase por parte do Tribunal a valorar os méritos alegados por cada un dos candidatos, o baremo para a avaliación é o seguinte:

 

  • Cursos relacionadas coa actividade a desenvolver, a puntuación non poderá superar 2 puntos:

–     Cursos de 100 horas ou máis: 0,50 puntos

  • Cursos de 50 a 99 horas: 0,30 puntos
  • Cursos de 10 a 49 horas: 0,10 puntos

 

Aqueles cursos en cuxo certificado acreditativo non consten o número de horas, ou ben teñan unha duración inferior ás 10 horas, non serán obxecto de valoración.

 

 

  • Por experiencia laboral en postos de traballo como peón forestal en empresas privadas ou en Administracións Públicas, ata un máximo de 2 puntos:
  • 0,15 puntos por mes traballado en Administracións Públicas.
  • 0,10 puntos por mes traballado en empresas privadas.

Quinta.- Fase de oposición.- Consistirá en dúas probas, unha de carácter teórico e tipo test e outra proba práctica a realizar polos candidatos/as utilizando a ferramenta do concello propia dos postos a desempeñar, na que se valorará a aptitude para os mesmos.

 

A proba teórica será eliminatoria e obligatoria para os/as aspirantes, cualificándose ata un máximo de 6 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 3 puntos e consistirá nun exame tipo test de 10 preguntas que versará sobre as labouras propias do posto. Cada pregunta correcta valorarase con 0,60 puntos, restando as respostas que sexan incorrectas 0,30 puntos cada unha.

A proba práctica será eliminatoria e obrigatoria para os/as aspirantes, cualificándose ata un máximo de 6 puntos, sendo eliminados os aspirantes que non alcancen un mínimo de 3 puntos.

Os candidatos deberán acudir provistos de DNI ou, na súa falta, pasaporte ou carné de conducir.

A orde de actuación dos aspirantes será seguindo a orde alfabética dos apelidos dos/as aspirantes.

 

            Sexta.- Coñecemento da lingua galega.- Tendo en conta o artigo 51 da Lei 2/2015 de 29 de abril de emprego público de Galicia, aos candidatos/as que non presenten Certificado de conocemento da Lingua Galega, Celga 2 ou superior, ou equivalente, deberán realizar unha proba oral de coñecemento da lingua galega, de carácter obrigatorio e eliminatorio, que será calificada de apto ou non apto.

 

 

Séptima.- Tribunal Calificador.- Estará composto polos seguintes membros:

 

Presidente: Don Luis Otero Castiñeira, conductor- peón do concello de Toques.

Suplente: Dona María Soledad Iglesias Pérez, educadora familiar.

Vogais:  

 

1º vogal: Dna. Guadalupe Vázquez Ascariz, Traballadora Social de Toques.

Suplente: D. Mauro Noguerol Urrutia, técnico de deportes do Concello de Toques

 

 

2º vogal: Don José Luis Guerra Ferreiro, administrativo do concello de Toques.

Suplente: Marina Corral Pumar, Técnica de Cultura do Concello de Toques.

 

 

Secretario: D. Mónica Seijas Rey, AEDL do concello de Toques.

Suplente: D. Marta Castro Tato, Axente de Emprego e Desenvolvemento Local de Melide.

Oitava.- Acreditación de méritos.- Os méritos comprendidos no apartado 1 da base oitava acreditaranse mediante copia compulsada do certificado expedido polo órgano correspondente.

 

 

O coñecemento da lingua galega acreditarase mediante copia compulsada do certificado correspondente.

 

A acreditación da experiencia laboral terá lugar mediante a presentación dos correspondentes contratos xunto co informe de vida laboral.

Novena.- En caso de empate aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:

 

  1. Persoas desempregadas menores de 30 anos.
  2. Persoas desempregadas maiores de 45 anos con responsabilidades familiares: ter ao seu cargo o/a cónxuxe, fillos/as menores de 26 anos ou maiores con discapacidade, incapacitados ou menores en acollemento.
  3. Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
  4. Mulleres, ó ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ó dos homes.

Decima.- Puntuacións.- Finalizado o proceso selectivo, publicaranse as puntuacións no Taboleiro de anuncios do concello. Os candidatos terán un prazo de 2 días para presentar reclamacións. A puntuación total acadada será a suma da puntuación obtida na fase de concurso e na fase de oposición.

 

 

Decimoprimeira.- Transcurrido o prazo para a presentación das reclamacións, o Tribunal proporá á alcaldía a contratación das persoas que acaden a maior puntuación. Se algún/algunha dos/as candidatos/as inicialmente propostos renunciasen á contratación, pasaríase a contratar aos seguintes por orde de puntuación e así sucesivamente.

 

           A contratación dos/as aspirantes seleccionados/as corresponde ao Sr. Alcalde.

 

 

En todo o non previsto nas presentes bases estarase ao disposto na lexislación laboral e lexislación sectorial complementaria que resulte de aplicación.

 

 

Toques, 03 de agosto de 2016

O Alcalde

 

 

Asdo.: José Ángel Penas García.

 

 

ANEXO I

MODELO DE INSTANCIA

D./Dna…………………………………………………………………………….,con DNI número………………………..e domicilio a efectos de notificacións e comunicación en…………………………………………………………..…CP……………localidade……………..….…..telf.…………

EXPON:

I.- Que ten coñecemento da convocatoria publicada e bases para a selección de 2 peóns forestais como persoal laboral temporal non permanente do Concello de Toques.

 

II.- Que está en posesión de todos e cada un dos requisitos esixidos nas bases de selección.

 

Polo exposto,

SOLICITA: Ser admitido ao correspondente proceso selectivo, aportando a estes efectos a documentación que se achega.

Lugar e data

 

 

 

Asdo.:

DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGA:

  • Fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade

 

  • ………………………………………………………………………………………

 

  • ………………………………………………………………………………………

 

  • ………………………………………………………………………………………

 

  • ………………………………………………………………………………………

 

  • (no caso de ser necesario continuarase ao reverso enunciando a documentación que se achegue)

 

 

 

 

  1. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE TOQUES (A CORUÑA)