Benestar en balnearios 2022

Normativa: ORDE do 26 de setembro de 2022 pola que se regula a oferta de estadías en establecementos balnearios dentro do programa Benestar en balnearios para o ano 2022 e se realiza a súa convocatoria. (DOG nº 192 do 7/10/2022).

Persoas beneficiarias:

  • Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  • Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

Duración:

As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída.

O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 1 de novembro e o 17 de decembro do ano 2022.

Prazo de presentación: 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG. Ata o 24 de outubro de 2022.