Bono Albergue da Rede Española de Albergues Xuvenís

A través da campaña ‘Bono Albergues REAJ’ ofrécense a partir do 18 de outubro 800 bonos para que as mozas e mozos de entre 18 e 30 anos poidan elixir entre as 70 instalacións da súa rede.

No caso concreto de Galicia, os complexos xuvenís adheridos a esta campaña son: Albergue Equal Sociedad Cooperativa Galega (Coles, Ourense), Albergue Bela Muxía, Albergue Monte do Gozo (Santiago de Compostela), Albergue Gandarío (Bergondo), Albergue LUG2 (Lugo) e Albergue O Castro (Vigo).

A través desta campaña poñeranse á disposición da xuventude 700 bonos individuais de 30 euros e 100 para grupos valorados en 200 euros cada un.

Ademáis, todo aquel que solicite o ‘Bono Albergues REAJ’ recibirá de forma gratuíta o Carné REAJ de Alberguista. Un carné co que os usuarios terán acceso aos máis de 300 albergues repartidos por toda España, aos máis de 4.000 por todo o mundo de Hostelling International, así como a participar nos diferentes programas que se realizan ao longo do ano e desfrutar de miles de interesantes descontos nacionais e internacionais.

Os Bonos REAJ  poden trocarse desde o 18 outubro de 2021 (comezo da campaña) ata o 15 de xuño de 2022