BONO COIDADO PARA A ATENCIÓN A DOMICILIO DE MENORES DE 12 ANOS.

Normativa

Orde do 31 de outubro de 2017 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de doce anos a través do programa Bono coidado e se procede á súa convocatoria.(DOG nº 214 do 10/11/2017).

Obxecto

Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas menores de doce anos que teñan a súa residencia en Galicia e precisen dun recurso personalizado a domicilio para cubrir necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

Persoas beneficiarias

Pais/nais, titores/as, ou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva nenos/as menores de doce anos residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se atopen nos supostos seguintes:

  1. Ter unha nena ou un neno nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2005 respecto da anualidade 2017 e con posterioridade ao 31 de decembro de 2006 respecto da anualidade 2018.
  2. Que a renda da unidade familiar, entendida como a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, non supere os 45.000 € ou os 13.500 € per cápita. Para estes efectos, terase en conta a declaración do IRPF do ano 2015 respecto da anualidade 2017 e do ano 2016 respecto da anualidade 2018.

Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tipo de axuda

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do importe de servizos de atención á infancia a domicilio, nos seguintes supostos:

  1. Enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado/a polos membros da unidade familiar.
  2. Enfermidade da persoa coidadora habitual.
  3. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación.
  4. Situacións puntuais de carácter laboral ou de coidado, tanto do cónxuxe ou parella como de familiares ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, que impidan a atención do/a neno/a polos membros da unidade familiar.

Concederase un máximo de 80 horas por familia para a totalidade do período subvencionado; un máximo de 20 horas corresponderá a anualidade 2017 e de 60 horas á anualidade 2018). O número total de horas concedido incrementarase un 15 % por cada fillo/a menor de doce anos a partir do primeiro.

Contía

Estará en función da renda per cápita da unidade familiar, de acordo cos seguintes tramos:

  1. Ata 3.750 euros: 14 €/hora.
  2. Superior a 3.750 e ata 7.500 euros: 11 €/hora.
  3. Superior a 7.500 e ata 10.000 euros: 9 €/hora.
  4. Superior a 10.000 e ata 13.500 euros ou superior dentro dos límites establecidos para poder ser beneficiario: 7 €/hora.

Período subvencionable

Entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

 

Lugar de presentación

  • A través da sede da Xunta de Galicia
  • En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social

Prazo

Ata o 30 de abril de 2018.

MÁIS INFORMACIÓN NOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS.