Bono coidado para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares

Normativa: ORDE do 22 de xuño de 2022 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se convoca para o ano 2022 (DOG nº 130 do 8/7/2022

Obxecto:

Regular a concesión e convocar axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2022, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares.

Para os efectos desta orde, entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:

  • Do 1 ao 7 de xaneiro.
  • Os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo.
  • Do 11 ao 18 de abril.
  • Do 23 de xuño ao 14 de setembro.

Persoas beneficiarias:

Os/as pais/nais e titores/as de nenos/as de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se atopen nos supostos seguintes:

  1. Que o neno ou nena sexa menor de trece anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita a axuda.
  2. Que ambos proxenitores, titores/as, acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos, familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, estean efectivamente traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares. Nos supostos de custodia compartida, este requisito entenderase referido ao tempo no que esta se exerza efectivamente, debendo presentar, nestes casos, cada proxenitor unha solicitude individual.
  3. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tipo de axuda e contía:

Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións. A contía máxima da axuda será:

  • De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
  • De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

Prazo: Comezará a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG e finalizará o día 30 de setembro de 2022.