Bono cultural xente nova

Normativa:

Real Decreto 210/2022, do 22 de marzo, polo que se establecen as normas reguladoras do Bono Cultural xente nova (BOE nº 70 do 23/3/2022).

Convocatoria (27/07/2022)

Modificación (BOE nº 244 do 11/10/2022). Ampliación de prazo de solicitude ata o 31 de outubro.

Persoas beneficiarias:

1. As persoas físicas que reúnan os requisitos seguintes:

  1. Cumprir dezaoito anos durante o ano 2022.
  2. Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España.

Contía: As axudas terán un importe máximo de 400 euros por persoa beneficiaria e destinaranse á adquisición dos produtos e servizos culturais. Concederase por unha soa vez a cada beneficiario e será individual, persoal e intransferible.

Actividades e gastos subvencionables:

Adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais recollidos neste apartado, realizada a través das entidades adheridas ao Bono Cultural xente nova e que non superen as seguintes contías máximas:

  1. Artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais: entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións e festivais escénicos, literarios, musicais ou audiovisuais, ata un máximo de 200 euros por beneficiario.
  2. Produtos culturais en soporte físico: libros; revistas, prensa, ou outras publicacións periódicas; videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD, ou Blu- ray, ata un máximo de 100 euros por beneficiario.
  3. Consumo dixital ou en liña: subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, compra de cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas, ata un máximo de 100 euros por beneficiario.

As actividades e gastos subvencionables deberán realizarse no prazo máximo dun ano desde a data de concesión do Bono Cultural xente nova a cada beneficiario.

Forma e prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse por medios telemáticos, a través da aplicación informática específica para a xestión do Bono Cultural xente nova, de conformidade coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, ata as 23:59 h. do 31 de outubro de 2022.