Bono de alugueiro para a mocidade.

Normativa: Resolución do 27 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de bono alugueiro mocidade e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2022. (DOG nº 124 do 30/6/2022)

Persoas beneficiarias e requisitos:

Persoas físicas maiores de idade quereúnan todos e cada un dos requisitos seguintes:

  1. Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
  2. Posuír a nacionalidade española, ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estancia ou residencia regular en España.
  3. Ser titular ou estar en condicións de subscribir na Comunidade Autónoma de Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos, ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso. No caso de alugamento de habitación non é xixible que a formalización sexa nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro.
  4. Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
  5. Dispoñer dunhas rendas anuais, incluídos os das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada ou cedida ou a arrendar ou ceder, consten ou non como titulares dun contrato de arrendamento ou cesión, iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM.
  6. Que a vivenda ou habitación arrendada ou cedida constitúa, no momento da solicitude, a súa residencia habitual e permanente, no caso de que teña contrato. A dita circunstancia deberá ser acreditada mediante certificado ou volante de empadroamento nos termos previstos nesta resolución.

Renda mensual da vivenda ou prezo de cesión:

Non poderá superar o seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada:

  • 600 € para as vivendas situadas nos concellos de zona territorial de prezo máximo superior.
  • 500-450 € para as vivendas situadas na zona territorial 1.
  • 400 € para as vivendas situadas no resto de concellos, zona territorial 2.

Contía e compatibilidade:

  • 250 euros ao mes, por un prazo de 2 anos. Contía máxima de 6.000 €.
  • Esta axuda é expresamente compatible coa axuda ao alugueiro do Programa 5 de Axuda aos mozos e para contribuír ao reto demográfico do  Plan Estatal: Neste caso a axuda é de ata o 40% da diferenza entre o alugueiro da vivenda e a axuda do Bono Alugueiro para a mocidade, co límite conxunto (suma da axuda do Bono alugueiro para a mocidade e deste programa de axuda) do 75% da renda do alugueiro.

Lugar de presentación: Presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Prazo: Comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e rematará o 31 de outubro de 2022 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG.