Cambio nas datas de celebración das probas CELGA

Tras rematar o prazo de presentación de solicitudes para realizar as probas Celga do ano 2018, constatouse que o número das correspondentes ao Celga 4 e ao Celga 3 é moi elevado e que, polo tanto, non é posible que todas as persoas se examinen da proba oral o mesmo día en que o fan da proba escrita. Nos demais niveis Celga tamén se rexistrou un aumento considerable do número de solicitudes con respecto a outras convocatorias.

De acordo con isto, co fin de poder establecer dúas datas para a proba oral do Celga 4 e do Celga 3 en días consecutivos e garantir, así mesmo, o bo desenvolvemento das probas dos demais niveis Celga, por proposta da Comisión Central de Avaliación, resolveuse modificar o punto terceiro da convocatoria de probas e establecer as seguintes datas para a realización dos exames

Celga 4:

  • Proba escrita: 26 de maio de 2018.
  • Proba oral: 26 e 27 de maio de 2018.

Celga 3:

  • Proba escrita: 2 de xuño de 2018.
  • Proba oral: 2 e 3 de xuño de 2018.

Celga 2:

  • 9 de xuño de 2018.

Celga 1:

  • 10 de xuño de 2018

Asimesmo, pódense consultar as listaxes de admitidos e excluidos, así como a normativa, no seguinte enlace:

http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga-1/convocatorias-de-probas/_/Formacion/convocatoria_0249/probas-para-obtencion-dos-certificados-lingua-galega-niveis-celga-1-2-3-4