CAMPAMENTO DE VERÁN DE TOQUES

O Concello de Toques oferta 30 prazas para participar no Campamento de Verán, actividade lúdico-recreativa que ten lugar nas Instalacións Municipais de souto.

A duración do campamento será de cinco semanas, comezando o 26 de xuño e rematando o 28 de xullo.

Esta actividade está dirixida a nenos e nenas con data de nacamento comprendida entre os anos 2005 e 2013.

O prazo de solicitude para esta actividade estará aberto desde o 7 de xuño (ás 9:00 h.) ata o 15 de xuño (ás 14:00 h.).

O custo total por participante é un prezo de 30 €, os cales serán aboados na conta bancaria que se determine, unha vez concedida a praza, para o cal os interesados deben chamar por teléfono ao 626445816 a partir do 19 de xuño (desde as 9:00 ata as 14:00).

Cando se realice o aboamento no banco debe indicarse a seguinte información: Nome e apelidos do neno/nena e o texto “Campamento de Verán”

Unha vez realizado o ingreso bancario o interesado deberá entregar nas oficinas do concello o xustificante bancario para adxuntar á solicitude e o proceso de inscrición darase por finalizado.

Identidade Deputación da CoruñaFotos Toques 009Fotos Toques 010