Obxecto: Permiten gozar durante 10 días, dunha estadía socializadora e de convivencia, nun espazo lúdico, humano, integrador, formativo e seguro; mediante o desenvolvemento de actividades que este ano estarán dirixidas especialmente ao fomento de habilidades sociais, ao contacto coa natureza e o mar, ao coñecemento da propia cultura e á educación para a saúde.
Persoas destinatarias: As persoas que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
Campamentos quendas específicas: Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa (-50%): 62,5€ | Prezo con Carné xove (-25%): 93,75€
Prazo de presentación: Ata o 30 de maio de 2018 incluído.
Máis información:
Teléfono Social gratuíto: 900 333 666
Teléfonos: 981-547437 /981-544640.
Servizos sociais municipais.